- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O PLAN DE EMPREGO ANTICOVID DO CONCELLO DE PALAS DE REI, PERMITE DESENVOLVER 80 CONTRATACIÓNS DE DESEMPREGADOS/AS DENDE O INICIO DA PANDEMIA EN 2020
O PLAN DE EMPREGO ANTICOVID DO CONCELLO DE PALAS DE REI, PERMITE DESENVOLVER 80 CONTRATACIÓNS DE DESEMPREGADOS/AS DENDE O INICIO DA PANDEMIA EN 2020
O Concello de Palas de Rei reeditará o Plan de Emprego anticovid, en virtude do cal, se contrataron 40 persoas en situación de desemprego por parte do ente local palense. Este Plan deu comenzo en 2020, a raÃz da pandemia desatada polo covid19, serviu para desenvolver obras de interese xeral, tales como: limpeza de e desinfección de espazos públicos, reforzo nos servizos de limpeza nos centros educativos e nos servizos de mantemento e limpeza do PAC Comarcal. Para este ano 2021, o Concello Palense, impulsará unha nova edición deste Plan de Emprego anticovid, que permitirá contratar a outras 40 persoas en situación de desemprego, para desenvolver labores de: limpeza, desinfección de espazos públicos e reforzo nos servizos de desinfección dos Centros Educativos e Sanitarios de Palas de Rei. Dentro deste Plan, tamén se inclue a contratación dun/ha psicólogo/a, para a atención a persoas que sufriron o covid e unha educadora social, para facilitar a conciliación familiar dos afectados.
Neste Plan, invertiranse máis de 300.000 euros que serán aportados polo Concello de Palas, a Xunta de Galicia, e o Plan Único da Deputación de Lugo.
Con esta medida, o equipo de Goberno palense, pretende incidir na axuda a aquelas persoas afectadas polo Covid e no desemprego provocado a consecuencia do peche de establecementos.