- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
MELLORAS DE PAVIMENTACIÓN E FORMIGONADO EN GONTÁ, COENCE, E NOS ACCESOS A EXPLOTACIÓNS DE PINTURERA, LAMABOA Á VILA CUNHA INVERSIÓN TOTAL DE 100.000 EUROS
MELLORAS DE PAVIMENTACIÓN E FORMIGONADO EN GONTÁ, COENCE, E NOS ACCESOS A EXPLOTACIÓNS DE PINTURERA, LAMABOA Á VILA CUNHA INVERSIÓN TOTAL DE 100.000 EUROS
Rematan as obras de pavimentación e formigonado correspondentes á primeira fase en Gontá, donde se acometeu a mellora dunha superficie de 2000 metros cadrados de formigón impreso, que dan servizo a máis de 30 veciños/as. Rematadas estas obras da primeira fase e a principios do vindeiro ano, darán comenzó as da segunda fase, que unirán Gontá co núcleo de Coence e donde se executarán máis de 1.800 metros cadrados de pavimento e se dará servizo a máis de 20 veciños. Estas dúas fases, suponen unha inversión de 60.000 euros con cargo ós fondos do Plan Único.
Froito dun convenio coa Consellería de Medio Rural a Xunta de Galicia, esta ven de adxudicar as obras de aglomerado e mellora de accesos a explotacións nos lugares de Pinturera por Lamaboa á Vila (no municipio palense), estas obras de mellora, contan cun orzamento de 40.000 euros, financiadas co Plan de Infraestructuras Rurais (PIR) da Consellería de Medio Rural.