- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO INTERÉSASE POLO ESTADO DE EXECUCIÓN DA FUTURA ÁREA DE SERVIZO DA AUTOVÍA, A-54 NA PATAQUEIRA EN PALAS DE REI
O CONCELLO INTERÉSASE POLO ESTADO DE EXECUCIÓN DA FUTURA ÁREA DE SERVIZO DA AUTOVÍA, A-54 NA PATAQUEIRA EN PALAS DE REI
Na recente visita do delegado do goberno en Galicia, Javier Losada a Palas de Rei, o alcalde desta localidade, Pablo Taboada xunto co portavoz socialista, Horacio Rouco interesáronse polo estado da execución proxecto da futura Área de Servizo da A-54 en Palas de Rei.
O orzamento de execución desta Área de Servicio en Palas de Rei, reflexado no anteproxecto por parte do Ministerio de Fomento, ascende a máis de 4,8 millóns de euros o que se traduce nunha importante inversión para Palas de Rei ao estar composta de: dúas estacións de servizo (gasolineiras), dúas cafeterías-restaurantes e dúas tendas. A súa construción, será ao carón do edificio, do xa existente, Centro de Mantemento de Carreteras do Estado, nas proximidades a saída da Autovía no lugar da Pataqueira de San Xulian do Camiño (Palas de Rei) e a súa posta en funcionamento, suporá a xeración de ao menos unha treintena de postos de traballo.
O rexedor palense, Pablo Taboada, trasladoulle ao delegado do goberno en Galicia, a “importancia desta instalación en Palas de Rei vista a posición estratéxica ao ser o punto casi intermedio da A-54, dado que absorverá o tráfico de vehículos pesados procedentes do porto de Ribeira de cara a Meseta, ademais de parte do tráfico de cara Asturias. A súa par, suporá unha destacada dinamización económica para o municipio coa xeración de novos postos de traballo”. A súa vez, Pablo Taboada tamén “recordou o alto interese do texido empresarial privado pola a creación destas instalacións en Palas de Rei, donde o longo destes últimos anos, varias empresas do sector, incluida algunha galega, xa visitaron a parcela de construción da mesma, donde comprobaron as condicións dos terreos, así como, os accesos aos mesmos”.