- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O 2 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO, POR UN MES, PARA SOLICITAR A BONIFICACIÓN DAS CONSTRUCIÓNS VINCULADAS A EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS NO TERMO MUNICIPAL DE PALAS DE REI
O 2 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO, POR UN MES, PARA SOLICITAR A BONIFICACIÓN DAS CONSTRUCIÓNS VINCULADAS A EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS NO TERMO MUNICIPAL DE PALAS DE REI
O día 02 de outubro aprobouse, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo n.º 227, a bonificación para construcións vinculadas a explotacións agrícolas sitas en Palas de Rei.
Valoración Catastral Inmoble (solo + construcción)
Bonificación
1 – 6.000,99 € ... 95 % de bonificación
6.001,00 – 15.000,99 €....75 % de bonificación
Mais de 15.001,00..........50 % de bonificación
Para acceder a está bonificación deberán aportar a seguinte documentación:
-Declaración responsable do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo, de que está desenvolvendo a actividade agraria, gandeira ou forestal, así como Certificado de Facenda no que conste a súa situación censual. Copia do número de explotación agraria (CEA).
-Declaración de que no inmoble para o que se solicita a bonificación non se está a desenvolver unha actividade económica distinta á agraria, gandeira ou forestal. Dita declaración deberá vir asinada polo suxeito pasivo.
-Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
-Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.
-Copia do último recibo pagado do lixo da explotación agraria.
O prazo para solicitar dita bonificación é de 1 mes a contar dende o 2 de novembro de 2020.
Para máis información poden acudir ao Concello en horario de 09:00 a 13:00, sempre con cita previa, ou ben chamando ao o número 982 380 001.