- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ALFONSO RUEDA, ENTRE OUTROS REPRESENTANTES DO GOBERNO AUTONÓMICO, VISITAN O OBRADOIRO “XOGANDO EN VACACIÓNS, VERÁN 2020” EN PALAS DE REI
ALFONSO RUEDA, ENTRE OUTROS REPRESENTANTES DO GOBERNO AUTONÓMICO, VISITAN O OBRADOIRO “XOGANDO EN VACACIÓNS, VERÁN 2020” EN PALAS DE REI
O Vicepresidente e conselleiro de presidencia, Alfonso Rueda, acompañado doutros representantes do Goberno autonómico e do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada visitaron os diferentes grupos de nenos/as que participan no obradoiro de actividades de conciliación posto en marcha dende o 6 de xullo en Palas de Rei.
Distribuidos en diferentes espazos e aulas, tanto da Casa de Cultura, como do Pavillón do Colexio e no Polideportivo municipal, os cuarenta e cinco nenos/as desfrutan dun amplo e variado conxunto de actividades monitorizadas e supervisadas por persoal específico, que este ano se viu reforzado en número e que ademais garanten unas especificas medidas de protección e seguridade fronte o covid 19.