- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA NOVAMENTE A CORREOS QUE MELLORE AS CONDICIÓNS NO SERVIZO POSTAL DA OFICINA DE PALAS DE REI
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA NOVAMENTE A CORREOS QUE MELLORE AS CONDICIÓNS NO SERVIZO POSTAL DA OFICINA DE PALAS DE REI
O Concello de Palas de Rei solicitará a correos a mellora do servizo postal na vila palense, neste caso o acalde, Pablo Taboada, dirÃxese novamente a dirección de Correos para que proceda a incrementar o número de horas do servizo na oficina de Palas de Rei. O rexedor palense, xa se interesou en numerosas ocasións por este asunto, amosa, unha vez máis, o descontento que existe entre os veciños, negocios e empresas do municipio polo deficiente servizo que correos presta actualmente na vila Ulloana. O alcalde, Pablo Taboada, intentará reunirse con representantes do organismo durante os vindeiros dÃas, a fin, de regularizar o servizo na oficina de Palas de Rei. Dita Oficina, está encadrada no centro do casco urbano de Palas de Rei, en pleno camiño francés de peregrinaxe a Santiago de Compostela, polo que ven prestando servizo a multiples camiñantes, ademais dos veciños, negocios, comercio e sector empresarial palense. Pablo Taboada, amosa a disposición do Concello de Palas de Rei a colaborar na dotación dos servizos que sean precisos na oficina para mellorar a súa calidade, asà como, solicitará a dotación de novos medios técnicos e de persoal para que se preste un servizo acorde coas necesidades actuais dos veciños, negocios, e sector empresarial e comercial palense.