- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O PAC DE PALAS DE REI É UN DOS CENTROS DE SAÚDE GALEGOS PIONEIRO NA IMPLEMENTACIÓN DO PROXECTO DE CRIBADO DE CÁNCER DE CÉRVIX, DENDE MARZO DISPORÁ DUN EQUIPO DE HOSPITALIZACIÓN PROPIO
O PAC DE PALAS DE REI É UN DOS CENTROS DE SAÚDE GALEGOS PIONEIRO NA IMPLEMENTACIÓN DO PROXECTO DE CRIBADO DE CÁNCER DE CÉRVIX, DENDE MARZO DISPORÁ DUN EQUIPO DE HOSPITALIZACIÓN PROPIO
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, xunto co responsable do Pac de Palas de Rei, José Latorre, o concelleiro e tamén médico neste centro de saúde palense, Fernando Pensado e o Concelleiro, Amando Sande, reuníronse no Pac de Palas de Rei, co Xerente do Hula, Ramón Ares e o Director de Atención Primaria do Hula, Rafael Monte, a fin de coordinar as vindeiras actuacións conxuntas en materia sanitaria que están a implementar ámbolos dous Centros Sanitarios. No encontró, que serviu para asentar as bases da descentralización que fai o Hula ao Pac de Palas de Rei, e a súa zona de influencia, do servizo de “Hospitalización a domicilio”. Deste xeito, a partir de marzo o Pac de Palas de Rei, pasará a contar cun equipo propio que prestará un servizo de Hospitalización a domicilio, en virtude do cal, todos os pacientes, que así o requiran, de Palas de Rei e dos municipios situados na zona de influencia do Pac de Palas de Rei (esto é, Monterroso e Antas de Ulla) que presentando criterios de hospitalización, parte dela a poídan facer no seu propio domicilio, en vez, de no hospital, para elo, disporán da visita periódica (en función das necesidades que presenten) dun médico/a e enfermeira/o ata que sean dados de alta polo correspondente facúltativo médico.
O Pac de Palas de Rei é un dos primeiros Centros de Saúde do Sergas encargado de implementar o proxecto piloto en Galicia de cribado de cáncer de cérvix. Dende principios deste ano, estase a implementar en Galicia este Programa cribado de cáncer de cérvix, dirixido a mulleres de entre 35 a 65 anos, que ten como finalidade detectar a infección polo virus do papiloma, que pode ser precursora dun tumor de cuello de útero. A toma pódese facer ben mediante o propio usuario, polo suministro da matrona ou polo falcultativo médico que o estime oportuno.
Nesta xuntanza tamén valorouse a redacción dun poxecto global de rehabilitación do edificio do Centro de Saúde e Pac que incluiría diversas obras de mellora que afectarían ao teito e as salas de consultas e descanso.