- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
FITUR TAMÉN SERVE DE ESCAPARATE PARA A PROMOCIÓN O CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POR PALAS DE REI
FITUR TAMÉN SERVE DE ESCAPARATE PARA A PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POR PALAS DE REI
A promoción e difusión do Camiño de Santiago, nas súas variantes, Francesa e Primitiva, como atractivo turístico xuntan en Fitur (Feira internacional do Turismo) ao alcalde de Palas, Pablo Taboada coa Directora Xeral de Turismo, Nava Castro e a Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, para quenes o impulso ás Rutas Xacobeas, centraron diversas actividades relativas ao Camiño de Santiago, coa ollada posta no Xacobeo 2021.
O recinto Ifema de Madrid, tamén serviu de punto de encontró do rexedor Palense, Pablo Taboada, co director Xeral da Cadea Hoteleira “Oca Hotels”, Ramón Braña que actualmente está a xestionar o Balneario Río Pambre de Palas de Rei, así como, con responsables da empresa Monbús e co Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, entre outros.