- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
PALAS DE REI ESTÁ NOS PRIMEIROS POSTOS DOS CONCELLOS CON MAIOR PRODUCTO INTERIOR BRUTO DA PROVINCIA LUCENSE
PALAS DE REI ESTÁ NOS PRIMEIROS POSTOS DOS CONCELLOS CON MAIOR PRODUCTO INTERIOR BRUTO DA PROVINCIA LUCENSE
O efecto do Camiño de Santiago e o sector empresarial como “Granjas Campomayor” e o “Grupo Jim Sports”,… aúpan ao Concello de Palas de Rei aos primeiros postos do Producto Interior Bruto (PIB) provincial. O Concello de Palas, cun PIB municipal superior aos 24.600 euros por habitante, pasa a estar entre os cinco primeiros Concelllos da provincia, neste parámetro que cuantifica a riqueza dos distintos concellos da provincia de Lugo, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística. O rexedor palense, Pablo Taboada, visto estes recentes datos, analiza positivamente a repercusión económica que está a ter o efecto do Camiño de Santiago no municipio polo que atravesan as rutas francesa e primitiva, así como, o desenvolvemento económico derivado da actividade das diferentes empresas instaladas nos últimos anos en Palas de Rei, xa sexa, no polígono empresarial(Jim Sports, Lacteas García Baquero, Talleres Santaballa, Mourenza e Pardo, etc.) que completaron satisfactoriamente o parque palense, así como tamén, outras fundamentalmente do sector primario, que aínda que están ubicadas fora do polígono pero dentro do térmo municipal (Granjas Campomayor, outras vinculadas ao sector da elaboración do pan, ou co sector forestal ou da biomasa) complementan de maneira positiva a actividade económica no municipio. Todas elas, aparte de xerar máis de 350 postos de traballo directos no municipio ulloano axudaron cos máis de 72 millóns de euros de facturación durante o último ano a aupar ao Concello de Palas de Rei aos primeiros postos do ranking do PIB provincial. O alcalde, Pablo Taboada, quixo agradecer a todos/as os empresarios/as dos diferentes sectores productivos do municipio (industrial, agrogandeiro, turístico e forestal) a súa aportación, co seu esforzo e dedicación diaria, que fan posible que Palas de Rei acade estes máis que satisfactorios datos económicos.
Asimismo, tamén compre lembrar, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, outro dos indicadores a ter en conta no índice da riqueza municipal, son o número de vehículos matriculados, no que o municipio palense destaca, ademáis, con 158 novos coches matriculados durante o último ano.