- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
CAMPAÑA DE RECICLADO DE GRAXAS DE ORIXEN ANIMAL NO PUNTO LIMPO DE PALAS DE REI
CAMPAÑA DE RECICLADO DE GRAXAS DE ORIXEN ANIMAL NO PUNTO LIMPO DE PALAS DE REI
Mediante as diferentes xestións desenvoltas dende o Concello de Palas de Rei, acábase de implantar a recollida de graxas animais (graxa de porcos) para o seu posterior tratamento e reciclaxe, co fin, de que todos poidamos colaborar no coidado do medio ambiente. Por tratarse dun proxecto piloto, estará operativo dende este mes de decembro de 2019 ata abril de 2020 (ambos inclusive).
A tal efecto, no punto limpo exite un contedor, etiquetado, para poder depositar o recipiente que conteñan ditas graxas de orixen animal. Lembrar, que o horario do punto limpo é de 09:00 a 13:00 horas. Para calquer consulta ou comunicar algunha incidencia poden facelo no teléfono de contacto 982 38 00 01.