- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO ACOMETERÁ VARIAS OBRAS DE INFRAESTRUCTURA E MELLORA DE ACCESOS NOS NÚCLEOS DO RURAL
O CONCELLO ACOMETERÁ VARIAS OBRAS DE INFRAESTRUCTURA E MELLORA DE ACCESOS NOS NÚCLEOS DO RURAL
O Concello de Palas executará varias obras de infraestructuras rurais e mellora de accesos explotacións tras finalizar a licitación do Plan Marco e do Plan de Infraestructuras (PIR), cun orzamento de 99.000 euros e froito dun convenio coa Consellería de Medio Rural, que significará a mellora dos accesos a: Vilacoba dende Casanova, a rexeneración do pavimento dende a Penaloura a Cebral, a rexeneración de firmes en Castro e Salgueiros en Cubelo e a pavimentación dos accesos a Lamparte e a Sat San Antonio en Vilar de Donas. Estas obras, serán executadas nos vindeiros meses xa que contan cun prazo de execución de 100 días.
Asimismo, froito dun convenio con medio rural, dentro do PIR, tamén se procederá a pavimentación do núcleo de Villaespesa e dos accesos a explotacións cun importe de 40.000 euros que serán aportados íntegramente pola Consellería de Medio Rural.
Na vindeira semana, o Concello palense comenzará a elaborar os proxectos de acondicionamento dos accesos a explotacións e núcleos rurais, entre os que se incluirán melloras na Escrita e Barrio na parroquía de Carteire; mellora de accesos na Puxeda; Guitar,Mosteiro e Chorexe. Así como, apertura de viales agropecuarios en Hermora, Moredo, Salaia e Felpos.