- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI CONTARÁ A PARTIR DE DECEMBRO CON ESPAZOS COWORKING NO CENTRO COMARCAL
O CONCELLO DE PALAS DE REI CONTARÁ A PARTIR DE DECEMBRO CON ESPAZOS COWORKING NO CENTRO COMARCAL
O Concello de Palas de Rei, contará a partir de decembro de 2019, con espazos coworking no edificio do Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei. Espazos abertos a emprendedores cun proxecto empresarial en fase de desenvolvemento temperá ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).
Estes espazos coworking son froito da colaboración entre EOI (Escola de Organización industrial) e o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e conta coa cofinanciación do FSE, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o IGAPE.
Desenvolveranse diferentes tipos de actividades, tales como: talleres, sesión de formación grupal, mentorización e eventos.
Para ampliar información poden contactar a través do correo electrónico: cwpalasderei@eoi.es