- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O SOUTO ENTENDIDO COMO UN ECOSISTEMA MULTIFUNCIONAL, FOI DESTACADO NA XORNADA FORMATIVA QUE AGACAL DESENVOLVEU EN PALAS DE REI
O SOUTO ENTENDIDO COMO UN ECOSISTEMA MULTIFUNCIONAL, FOI DESTACADO NA XORNADA FORMATIVA QUE AGACAL DESENVOLVEU EN PALAS DE REI
Perto de medio centear de participantes asistiron a xornada formativa sobre “o aproveitamento sostible do souto” que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) en colaboración co Concello de Palas de Rei impartiron na Casa de Cultura de Palas de Rei. Nela, Manuel López Pérez, Secretario da IXP (Castaña de Galicia) disertou sobre: as variedades de castañas, a comercialización e industrialización de cara os distintos usos, a calidade e composición do prezo, a importancia da auga nas novas prantacións de soutos, así como, as necesidades de temperaturas frías para o proceso de brotación. Tamén defendeu a idea dun souto entendido como un ecosistema multifuncional, no que a maiores da produción castañas tamén se lle pode ofertar outras posibilidades como para a apicultura, para pastar o gando, etc. A día de hoxe, Galicia representa aproximadamente o 59% de producción de castaña de toda a xeografía nacional e conta con 165 productores amparados na IXP Castaña de Galicia.