- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O COLEXIO PÚBLICO DE PALAS DE REI CELEBRA AS FESTAS DO SAMAÍN E HALLOWEEN CUN RENOVADO EQUIPO DIRECTIVO
O COLEXIO PÚBLICO DE PALAS DE REI CELEBRA AS FESTAS DO SAMAÍN E HALLOWEEN CUN RENOVADO EQUIPO DIRECTIVO
No Colexio Público de Palas de Rei, que ven de renovar equipo directivo, ao fronte do cal está Julio Alberto Árias Couso como director, Livia Barreiro Pérez como Xefa de Estudos e Rocio Fernández Fernández como Secretaria, celebran estos días o Samaín e Halloween, con diversas actividades coas que tratan de conmemoran as xa tradicionais festas. Unha exposición de cabazas, na que participan tódolos cursos do centro educativo, elaboradas polos propios alumnos/as, pódese visitar estos días no edificio principal do propio Centro Educativo. Ademais, a profesora de inglés María Vilela, imparte a actividade: “Truco ou Trato”, nunha aula perfectamente acondicionada e ámbientada a tal efecto, o que lles permite aos alumnos/as tomar conciencia coas tradicións que rodean a festa, a vez que fomenta o uso do inglés no desenrolo da actividade. Na tarde do mércores 30 de outubro, os alumnos/as do Colexio asisten a unha sesión de contacontos: “como mola a túa escoba”, coordinada esta, polas profesoras de: inglés, María Vilela; e de Galego, Livia Barreiro, os contos son contados en inglés e galego, atraverso deles, procurase fomentar o uso e desfrute dos dous idiomas en actividades de recreación histórica. Durante esta semana, na biblioteca de dito Centro EducatIvo palense, tamén acolle unha serie de sesión de contacontos de medo.