- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O GDR-05 MILLO-ULLA FINANCIA CON 200.000 EUROS O PROXECTO CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA DE PALAS DE REI, O QUE SUPÓN O DE MAIOR VOLUME DE EMPREGO XERADO DOS SUBVENCIONADOS
O GDR-05 MILLO-ULLA FINANCIA CON 200.000 EUROS O PROXECTO CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA DE PALAS DE REI, O QUE SUPÓN O DE MAIOR VOLUME DE EMPREGO XERADO DOS SUBVENCIONADOS
O Presidente do GDR-05 Miño-Ulla, Ramiro Moure, o xerente de dito Grupo de desenrolo Rural-05, Javier Medela, e o alcade de Palas de Rei, que exerce a súa vez como Tesoureiro do GDR-05, Pablo Taboada visitaron as obras de construción da Residencia de persoas maiores en Palas de Rei, acompañados polo promotor, Marcos Vázquez. Dita residencia de Palas de Rei, pretende dar capacidade a 47 prazas de internos, o que se traduce na xeración dunha teintena de postos de traballo, entre auxiliares, persoal de cociña, fisioterapeutas, persoal sanitario, entre outros profesionais. Elo supón, unha inversión de 1.250.000 euros entre construción e equipamento do inmoble, dos cales, 200.000 proceden dunha subvención concedida polo Gupo de Desenrolo Rural (GDR-05) Miño-Ulla. Precisamente, é este proxecto, o que maior volumen de emprego xera, de todos os subvencionados por este GDR-05, no que se encadran os municipios de Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, PortomarÃn, Páramo, Paradela, Sarria, Taboada, Chantada e Carballledo nos que se habilitaron axudas para proxectos empresariais en todos eles e rematará o seu programa de traballo no 2021.
Este novo edicifio en Palas de Rei, actualmente en fase de construción, contará, ademáis da zona residencial, con outros servicios que redundarán no beneficio dos usuarios, como cociña, comedor, varias salas multiusos, entre outras dotacións. Os promotores prevén, que no ano 2021 esta iniciativa esté operativa.