- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O DOUTOR PALENSE ANDRÉS SOUTO VARELA INGRESA NO CLUB “GALLEGOS DEL AÑO” QUE OUTORGA O XORNAL O CORREO GALLEGO
O DOUTOR PALENSE ANDRÉS SOUTO VARELA INGRESA NO CLUB “GALLEGOS DEL AÑO” QUE OUTORGA O XORNAL O CORREO GALLEGO
Na súa XXX edición, da Gala dos premios “Gallego del Año”, que outorga o xornal “El Correo Gallego” entre os premiados, foi distinguido o palense Andrés Soto Varela, actualmente exerce como: otorrinolaringólo no CHUS; corresponsable da Unidade de Otoneuroloxía, no servicio de otorrinolaringoloxía da estructura organizativa de xestión integrada de Santiago de Compostela; presidente da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial; Profesor asociado hospitalario en ciencias da saude na USC; Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia; Vocal da Comisión de Investigación da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial; Membro do comité acreditador do Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade de Galicia; Socio da Bárány Society.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, presente na Gala de entrega de premios, traladoulle os parabéns do seu pobo natal, no que pasou a súa infancia e co que garda aínda un vínculo especial. Así como, loubou que a firmeza dos seus valores, que xeraron a grandeza da súa persoa, dando positivos froitos no profesional e persoal convérteno, nun referente humano, digno de ser admirado. Do mesmo xeito, que expresou, a honra que supón ver como un veciño do pobo do que eres alcalde, recolle unha distinción de tal envergadura.