- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS INVESTIRÁ NOS VINDEIROS MESES PERTO DE 300.000 EUROS NA MELLORA E PAVIMENTACIÓN DOS ACCESOS A VARIAS EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS
O CONCELLO DE PALAS INVESTIRÁ NOS VINDEIROS MESES PERTO DE 300.000 EUROS NA MELLORA E PAVIMENTACIÓN DOS ACCESOS A VARIAS EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS
O Concello de Palas de Rei investirá nos vindeiros meses, perto de 300.000 euros na mellora e pavimentación dos accesos a varias explotacións agropecuarias. Dentro dese Plan, incluense a mellora dos accesos do: Froxón e Berbetouros, a pavimentación do vial que comunica Vilar de Donas con Lamparte, a mellora dos accesos en Mosteiro e a pavimentación do Vial de Castro a Salgueiros. Así como, a pavimentación do vial e dos accesos a Penaloura (no lugar de Cebral en San Xorxe de aguasantas) está dentro desta nova fase do Plan de Acceso a Explotacións Agropecuarias. O Plan que conta con preto de 300.000 euros que serán financiados con cargo o: Plan Marco da Consellería de Medio Rural (100.000euros) e o Concello de Palas de Rei, o Plan de Infraestructuras Rurais (PIR 50.000 euros), o Plan Único da Deputación de Lugo (47.000 euros) e máis fondos propios do Concello (35.000 euros).