- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
DEU COMENZO O PRIMEIRO DOS TRES OBRADOIROS DO PROGRAMA AULOMIÑO EN PALAS DE REI
DEU COMENZO O PRIMEIRO DOS TRES OBRADOIROS DO PROGRAMA AULOMIÑO EN PALAS DE REI
Deu comenzo o primeiro dos Obradoiros que o Programa Aloumiño da SecretarÃa Xeral de Igualdade, organiza en Palas de Rei en colaboración co Centro de Información a Muller. Dirixido a colectividade de mulleres con discapacidade do concello e arredores, tenta identificar os aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais da sexualidade humana para fomentar un coñecemento, aceptación e experiencia plena e satisfactoria da propia sexualidade. Tendo como obxectivos especÃficos: Afondar na sexualidade humana, identificar os nosos dereitos sexuais, fomentar a autoestima e actitudes positivas cara o propio corpo e o respecto cara o corpo das demáis persoas, etc. O dous seguintes obradoiros serán 4 de xuño (martes) e 2 de xullo (martes), de 10 a 14 horas, tamén na aula do Centro de DÃa, sito na Rúa do MuÃño, s/n, 27200, Palas de Rei.