- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
UNHA CARPA INFORMATIVA DO COLEXIO DE HIXIENISTAS E DENTISTAS DE GALICIA ESTÁ ESTE VENRES SANTO NA PRAZA DO CONCELLO DE PALAS DE REI
UNHA CARPA INFORMATIVA DO COLEXIO DE HIXIENISTAS E DENTISTAS DE GALICIA ESTÁ ESTE VENRES SANTO NA PRAZA DO CONCELLO DE PALAS DE REI
Integrantes do Colexio de Hixienistas e Dentistas de Galicia, visitan Palas de Rei este venres Santo, donde instalaron unha Carpa informativa a cidadanía en xeral na Praza do Concello de Palas, coa que tentan de dar visibilidade a súa profesión, así como, sensibilizar sobre a importancia da prevención da saúde bucodental e como esta repercute no estado xeral das persoas. Dita Carpa, foi visitada polo Tenente de alcalde do Concello de Palas de Rei, Amando Sande quen se interesou pola labor están a facer dende dito Colexio de profesionais da saúde bucodental, donde foi recibido pola Presidenta do Colexio, Andrea Pardo.
Actualmente o Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia presta diversos servicios atraverso do Sergas que van dende: información e educación en materia bucodental, detección precoz de mala oclusión, aplicación profesional tópica de fluor, aplicación de sellados de fisuras, exploracións preventivas de cavidade oral, educación da cavidade bucodental, información e educación en materia de hixiene e saude bucodental, exploración preventiva da cavidade oral, tratamiento de procesos agudos odontolóxicos e de urxencia, así como, novas prestacións como tratamentos de lesión de caries na poboación infantil de 6-10 anos ou limpeza de ultrasons nas xestantes nas que exista indicación. En dita carpa tamén, asesoran sobre unha serie de recomendacións xerais para unha boca sana.
Un grupo de profesionais do Colexio de Hixienista e Dentistas de Galicia que se atopan realizando estes días o Camiño Francés, con parada hoxe en Palas de Rei, visitan pola tarde o Castelo de Pambre, nunha visita guiada polo Instituto de Estudios Ulloáns.