- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO SHIKOKU E O CONCELLO DE PALAS DE REI HERMANDADOS
ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO SHIKOKU E O CONCELLO DE PALAS DE REI HERMANDADOS
Unha delegación da Asociación de Amigos do Camiño de Shikoku Henro (en Xapón) desplazáronse a Palas de Rei para levantar unha pedra que simboliza o hermanamento entre citada asociación e co Concello de Palas de Rei. No acto, que estivo presidido polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, contou coa presencia do Presidente de citada Asociación, Matsuoka Hirofumi, asà como, do xornalista Xose Ramón Penoucos, que figura dentro dos persoeiros inscriptos na pedra, por a súa contribución no coñecemento do traballo desta Asociación Xaponesa aquà Galicia. Tras o acto oficial, de descubrimento da pedra, en pleno camino Francés, ao seu paso pola vila de Palas de Rei, a delegación niponesa visitou o Castelo de Pambre. No transcurso do acto, os representantes desta Asociación comprometéronse a dar unha maior divulgación do municpio de Palas de Rei dentro de Xapón, especialmente entre os Camiñantes da Ruta ShiKoKu que integra a 88 templos budistas e consta de 1200 kilómetros de lonxitude. Entre as vindeiras actividades programadas, figura o vindeiro 5 de agosto unha visita a Palas de Rei dun grupo de estudantes de bacharelato e Universitarios que viran facendo o Camiño Francés acompañados polo Presidente da Asociación de Amigos do Camiño ShiKoku e darán unha charla informativa, na Casa de Cultura de Palas de Rei, sobres as similitudes e diferencias que hai entre o Camiño de Shikoku e o Camiño Francés.