- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
CERTAME DE TARXETAS, MARCHA POLA IGUALDADE E EXPOSICIÓN DAS CIENTÍFICAS DE GALICIA SON ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLO CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER DE PALAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
CERTAME DE TARXETAS, MARCHA POLA IGUALDADE E EXPOSICIÓN DAS CIENTÍFICAS DE GALICIA SON ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLO CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER DE PALAS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O Centro de Información a Muller de Palas de Rei, conmemora o vindeiro 8 de marzo o día da Muller Traballadora, para elo ten programadas unha serie de actividades como son:
1.- Certame de tarxetas do día da muller traballadora, un concurso no que participan os estudiant@s matriculados nos colexios de Antas de Ulla, Palas de Rei, Guntín, Portomarín e Monterroso, sendo o tema da tarxeta a muller e o seu traballo hoxe.
2.- I Marcha pola Igualdade, que será o día 8 de Marzo, Venres, as 12.00 da maña, con saída desde a Praza do Concello ata a Praza da Ulloa, na que participarán tod@s os/as alumn@s do Colexio e o Instituto de Palas de Rei, así como o seu profesorado, e toda a xente da vila que queira participar, no que pretendemos reivindicar a igualdade legal en igualdade real e palpable e convidamos a tod@s os/as asistentes a estar unidos fronte os retos en materia de igualdade: Conciliación, Fenda Salarial,Teitos de Cristal e Violencia Machista.
Con posterioridade, o rematar a marcha teremos unha representación teatral na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei por parte do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, coa obra "NO RÍO DAS HISTORIAS", un espectáculo que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta imprescindible na loita contra a Desigualdade de Xénero, na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, o respecto, etc.
3.- EXPOSICIÓN DOS PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGUER PALNELLS 2007-2018, Mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse o seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. É una exposición composta por 14 roll up de 120x200cm, con fundas, reprodución da exposición dos premios María Josefa Wonenburger. A exposición pretende visibilizar e facer achegar a sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e a tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co premio María Josefa Wonenburguer Planells, que outorga anualmente dende oa ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. Esta exposición estará no IES do Camiño de Palas de Rei, do 22 de abril ata o 13 de maio de 2019.