- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI DA VÍA LIBRE AO GRUPO JIM SPORTS PARA A CONSTRUCIÓN DA SEGUNDA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL PALENSE
O CONCELLO DE PALAS DE REI DA VÍA LIBRE AO GRUPO JIM SPORTS PARA A CONSTRUCIÓN DA SEGUNDA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL PALENSE
O Concello de Palas de Rei aproba nunha sesión extraordinaria de Pleno, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para impulsar definitivamente a construcción da segunda fase do polígono. Con esta aprobación definitiva, o grupo JIM SPORTS terá via libre para a construcción dunha ou varias naves de preto de 15.000 metros cadrados de construcción e que significará unha inversión de 5 millóns de euros. Con esta aprobación, o Concello de Palas de Rei da o impulso definitivo a esta actuación no municipio, que significará que a localidade Ulloana teña probablemente o parque empresarial, loxístico-deportivo máis importante do norte de España.
O alcalde, Pablo Taboada, destacou esta actuación, pola “importante inversión que significa para Palas de Rei e o importante volumen de emprego que se xerará con esta actuación”.