- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
ABERTO O PRAZO PARA QUE GANDEIROS E AGRICULTORES SOLICITEN AS AXUDAS DA PAC, ATA O 30 DE ABRIL
ABERTO O PRAZO PARA QUE GANDEIROS E AGRICULTORES SOLICITEN AS AXUDAS DA PAC, ATA O 30 DE ABRIL
O Diario Oficial de Galicia publicou o, 31 de xaneiro de 2019, a orde da ConsellerÃa do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandarÃa e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, as coñecidas como axudas da PAC.
Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar de forma telemática a solicitude única dende hoxe (1 de febreiro), primeiro dÃa do prazo que permite a normativa, e ata o vindeiro 30 de abril. AsÃ, a Xunta sacou a publicación desta liña de achegas o antes posible para que as persoas interesadas puideran ter coñecemento do seu contido e presentar axeitadamente a súa solicitude.
Para iso, a ConsellerÃa do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, entre as que destacan entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e entidades de aconsellamento.
O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 210 millóns de euros, dos cales 170 millóns de euros correspondentes aos pagamentos directos da PAC e 40 millóns de euros das medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrÃcolas).
Prevese que uns 30.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de GarantÃa Agraria e que son de gran interese para o sector primario. Grazas a estas axudas, conséguense reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que potencia os agricultores realmente activos e prácticas agrÃcolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente (medidas agroambientais).