- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O PROXECTO “ERASMUS+:+CAMINO UnE” ANALIZARÁ O IMPACTO ECONÓMICO DO CAMIÑO FRANCÉS NO MUNICIPIO DE PALAS DE REI
O PROXECTO “ERASMUS+:+CAMINO UnE” ANALIZARÁ O IMPACTO ECONÓMICO DO CAMIÑO FRANCÉS NO MUNICIPIO DE PALAS DE REI
O municipio de Palas de Rei será obxecto de análise proxecto Erasmus+: "+Camino UnE", que busca estudar a inversión pública e privada no Camiño Francés a nivel nacional mediante o análise das actuacións realizadas na recuperación do Camiño dende o ano 2000 e analizar a súa repercusión social e para a económia dos municipios polos que pasa esta ruta xacobea, así como, realizar intercambios de experiencias educactivas e sociales entre comunidades escolares de distintos territorios(Ies A. Xelmírez I de Santiago de Compostela, Instituto Profesional Jean D’Arcet, O lycee Rive Gauche de Touluse, CIP FP Lumbier), formar a alumnos en boas practicas e no respeto e consideración de cara o ben común, reforzar a realidade da comunidade europea como soberanía compartida entre pobos que conforman o seu patrimonio, reforzar a idea da importancia redistributiva do orzamento público, reforzar a idea da repercusión que ten a recuperación paisaxistixa, ambiental, cultural e do patrimonio histórioco no benestar das familias e a sñúa valoración no PIB, valorar o patrimonio natural, cultural, etnográfico e histórico e a súa importancia na mellora integral do entorno, reforzar o aprendizaxe colaborativo, baseado en tarefas e proxectos.
En concreto, este Proxecto"+Camino UnE" que foi presentado onte ao alcalde de Palas, Pablo Taboada, por parte dun integrante do equipo coordinador do mesmo, Andrés Fariñá. Tenta reforzar a importancia da inversión pública na recuperación do patrimonio histórico e que sea recoñecido e valorado pola ciudadanía, na medida do efecto multiplicador que xenera no bienestar social do territorio sobre o que se actúa. O rexedor palense amosouse interesado no proxecto e acolleu con agrado o análise da realidade Camiño Francés e o seu impacto económico no municipio.