- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DA TERCEIRA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL, ESTO É, 42.280,56 METROS CADRADOS DOS 182.000 METROS CADRADOS SUPERFICIE TOTAL INDUSTRIAL EN PALAS DE REI
O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DA TERCEIRA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL, ESTO É, 42.280,56 METROS CADRADOS DOS 182.000 METROS CADRADOS SUPERFICIE TOTAL INDUSTRIAL EN PALAS DE REI
A Xunta de Galicia autorizaba a posta en funcionamento da terceira fase do polígono empresarial de Palas de Rei no seo do Consello da Xunta celebrado o 29 de novembro. O Consello de Goberno modificou o plan sectorial de oito áreas empresariales de Galicia, sendo a de Palas de Rei a única da provincia de Lugo a que afecta esta modificación. A localidade palense contará ahora con 42.280,56 metros cadrados extra de chan industrial.
A ampliación do polígono palense supón un impulso a creación de emprego na comarca. O alcalde, Pablo Taboada que se amosou satisfeito coa medida, calificou de “histórico” o momento que vive a industria no municipio Ulloano. “A primeira e segunda fase do polígono vendéronse nun tempo récord, despois declaraouse a Palas de Rei como zona industrial prioritaria, a única na provincia, polo seu desenrolo. E agora está habilitación permitirá que o polígono siga medrando” manifestaba Pablo Taboada.
A ampliación do polígono de Palas de Rei suporá, que a localidade vai a disponer dunha superficie total empresarial de máis de 182.000 metros cadrados. A fase inicial contou con 95.000 metros cadrados, a que se lle sumaron 45.000 da segunda, e ahora este 42.280,56 metros cadrados desta terceira fase.
En canto a xeración de postos de traballo, actualmente, hai máis de 150 postos directos de traballo, que podrían ser máis de 200 cando se ocupe a terceira fase.
O alcalde, Pablo Taboada, resaltou ademáis que a metade do suelo proxectado para esta terceira fase “xa está reservado”. “Houbo encargas de varias empresas, que se confirman este reserva estaríamos a falar duns 20.000 metros cadrados máis ou menos. E logo hai outra empresa que xa se intentara instalar en Palas outras veces, pero nunca tiñamos chan dispoñible. De confirmarse e formalizarse definitivamente esta petición, estaríamos a falar dunha ocupación xa dun 80%” comentou o rexedor palense.
Logo da aprobación da calificación por parte da Xunta de Galicia, agora dan comenzó os trámites e posterior acondicionamento do chan empresarial para que as empresas poidan instalarse.