- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O ALCALDE DE PALAS DE REI REÚNESE EN MADRID, CON RESPONSABLES DO MINISTERIO DE FOMENTO, PARA INTERESARSE POLA CONSTRUCIÓN DA ÁREA DE SERVICIO DA A-54 A ALTURA DE PALAS DE REI
O ALCALDE DE PALAS DE REI REÚNESE EN MADRID, CON RESPONSABLES DO MINISTERIO DE FOMENTO, PARA INTERESARSE POLA CONSTRUCIÓN DA ÁREA DE SERVICIO DA A-54 A ALTURA DE PALAS DE REI
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, reúnese en Madrid, con responsables do Ministerio de Fomento para interesarse pola futura área de servicio, que se construirá na A-54 a altura de Palas de Rei. Unha vez sometido a periodo de exposición pública, o anteproxecto para a construción da citada área, o alcalde, Pablo Taboada, interésase polo estado de tramitación do expediente, ao fin, de axilizar a tramitación definitiva do mesmo. A construción da Área de Servicio de Palas de Rei, segundo os datos do anteproxecto, ascende a máis de 4,8 millóns de euros de inversión, estará composta de dúas estacións de servicio (gasolineiras), dúas cafeterías-restaurante e dúas tendas. A Área de Servicio, construirase ao carón do edificio, do xa existente, Centro de Mantemento de Carreteras do Estado, nas proximidades da saída da Autovía, no lugar de Pataqueira de San Xulian do Camiño, en Palas de Rei e a súa construción suporá a xeración de 30 postos de traballo no Concello de Palas de Rei.
O alcalde, Pablo Taboada, resaltou o “especial interese que está xerando está Área de Servicio, posto que xa foron varias empresas xestionadoras doutras áreas en Galicia as que se interesaron por este proxecto, cun TIR de rentabilidade dos máis altos deste tipo de instalacións en Galicia”. Pablo Taboada, asimismo, agarda, que o “Ministerio de Fomento saque o máis inmediatamente posible en funcionamento está Área de Servicio e a poder ser vaia paraleo ou incluso antes do remate das obras na Autovía”