- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
O PLAN ÚNICO DARÁ COBERTURA FINANCIEIRA A DIVERSAS ACTUACIÓNS QUE SE ACOMETERÁN EN PALAS DE REI AO LONGO DESTE 2018
O PLAN ÚNICO DARÁ COBERTURA FINANCIEIRA A DIVERSAS ACTUACIÓNS QUE SE ACOMETERÁN EN PALAS DE REI AO LONGO DESTE 2018
Concello de Palas de Rei, pecha a distribución do Plan único da Deputación Provincial de Lugo, que o ente supramunicipal distribue entre todos os Concellos da provincia, equitativamente e con arreglo a criterios como: a poboación, a superficie, o esforzó fiscal. Este ano, o Concello de Palas de Rei, distribuirá as cantidades do Plan Único, da seguinte forma:
- Plan de Obras e Servicios: dotado con 100.000 euros, irá destinado na súa totalidade ó formigonado de diversos núcleos de poboación entre os cales se atopan: Burdallos, Avieira, Ribado, o Corral en Felpos, Mosteiro, entre outros. Asimismo, e como obras especiales: irá unha partida de 18.000 euros para o acondicionamento e mellora do novo campo de fútbol(acondicionamento de vestuarios); tamén se procederá a sustitución da cuberta da Casa de Cultura con 17.000 euros, para renovar a estructura do edificio municipal e sacar as humidades; así como acondicionarase o víal que une Trasmil coa igrexa de Salaia e a segunda fase dos accesos ao Monte de Vilareda
- Obras de Pavimentación de Rúas Urbanas: dentro deste apartado inclúese, este ano, a renovación do pavimento con aglomerado na Rúa das Laga e adxacentes, cun orzamento de 48.000 euros. Asimismo, tamén se manterán as partidas para o servicio de axuda a domicilio básica con 54.000 euros e habilitaranse partidas para a creación dun Plan de emprego (Depoemprego) que significará a contratación de 15 peóns de obras e servicios, partidas para reforzar o servicio na gardería municipal e o servicio de protección civil, cunha dotación todos eles de 112.000 euros este Plan de emprego.
- Tamén se habilitarán, dentro do Plan Único, diferentes partidas como a feira do Queixo e a Feira do Cabalo e a terceira fase da implantación da administración electrónica no Concello de Palas de Rei.