- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
REPRESENTANTES DE VARIAS EMPRESAS DESPRAZANSE A PALAS DE REI PARA INTERESARSE POLA CONTRUCIÓN DA FUTURA ÁREA DE SERVICIO DA AUTOVÍA, A-54
REPRESENTANTES DE VARIAS EMPRESAS DESPRAZANSE A PALAS DE REI PARA INTERESARSE POLA CONTRUCIÓN DA FUTURA ÁREA DE SERVICIO DA AUTOVÍA, A-54
Varias empresas, incluida algunha galega, interesaronse pola construción da futura Área de Servicio da Autovía, A-54, en Palas de Rei. O presuposto de execución, desta Área de Servicio, reflexado no anteproxecto por parte do Ministerio de Fomento, ascende a máis de 4,8 millóns de euros, o que suporá unha importante inversión para o Concello de Palas de Rei, estará composta de dúas estacións de servicio (gasolineras), dúas cafeterías- restaurante e dúas tendas. A Área de Servicio, construirase ao carón do edificio, do xa existente, Centro de Mantemento de Carreteras do Estado, nas proximidades da saída da Autovía no Lugar da Pataqueira de San Xulian do Camiño, en Palas de Rei, e a súa construción suporá a xeración de 30 postos de traballo no Concello de Palas de Rei.
Representantes de varias empresas do sector, visitaron estes días Palas de Rei para estudiar, in situ, as posibilidades urbanísticas. A parcela de construcción, encóntrase relativamente próxima ao Camiño de Santiago. Os responsables destas empresas, interesaronse principalmente por aspectos relativos as posibilidades de suministracción de luz eléctrica, así como, as necesidades de abastecemento de auga potable e de saneamento. No lugar, comprobaron as condicións dos terreos de construcción da Área de Servicio, en cada un dos dous marxes a Autovía, así como, os accesos ás próximas urbanizacións que, de entrada, xa están contruídos.
O anteproxecto da Área de Servicio, que xa estivo en fase de exposición pública, agárdase que saía a licitación pública nos vindeiros meses para comenzar a súa construcción a mediados do ano 2019.
Preguntado ao Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada pola Área de Servicio, este resaltou a importancia desta instalación en Palas de Rei, sobretodo, unha vez rematadas as obras da Autovía A-54, xa que a futura Área de Servicio atópase na metade do trazado entre Lugo e Santiago e sería unha das primeiras en porse en funcionamento nesta Autovía, que nestes momentos está en execución. Tamén resaltou a importancia dos postos de traballo que se xerarán e os importantes ingresos (vía licencias, etc.) que repercutirán positivamente para o Concello de Palas de Rei. O alcalde Palense, Pablo Taboada, desexa que todos os trámites sigan coa mesma celeridade que ata o momento, para que se poídan comenzar as obras na maior brevedade de tempo posible.