- The City Council
- The Municipality
- Visiting Palas de Rei
- Citizen Services
- External Links
- Contact
<- voltar
EN MARCHA A OPERACIÓN QUILO EN PALAS DE REI COA QUE SE PRETENDE BENEFICIAR AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS ESTE NADAL
EN MARCHA A OPERACIÓN QUILO EN PALAS DE REI COA QUE SE PRETENDE BENEFICIAR AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS ESTE NADAL
O Departamento de Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei, en colaboración coa Igrexa Parroquial, pon en marcha, como en anos anteriores, unha campaña de recollida de alimentos, denominada OPERACIÓN QUILO, para ser repartidos entre as familias máis necesitadas antes das festas do Nadal. A donación de alimentos non perecedeiros, (conservas, arroz, legumes, pasta, aceite, productos de hixiene persoal, de limpeza, etc…) poderán depositarse nas caixas de cartón que están colocadas nos seguintes lugares: Igrexa Parroquial de San Tirso, así como noutras parroquias, na Casa do Concello e nos Supermercados Día, Eroski e Covirán.